Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 17:44
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que o acordo da reforma de pensións que subscribiron o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, e os secretarios xerais de CC.OO. e UGT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, nace "incompleto", en alusión a que carece do aval dos empresarios.
"É o que din todos os analistas. E en conto aos obxectivos, non vai conseguir o que di que quere preservar. Hipoteca as prestacións futuras a base de máis impostos", esgrimiu o presidente galego, na rolda de prensa posterior ao Consello.
Respecto diso, incidiu en que non considera que sexa "un bo acordo", aínda que teña "a aquiescencia dunha parte", en relación ás organizacións sindicais. "Medidas tan relevantes, se non parten dun acordo xeral, non poden ser boas medidas", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.