Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 17/03/2023 | Actualizada ás 15:12
A Plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galiza e Asociación Petón do Lobo veñen de solicitar a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña. Fánno para demandar "medidas cautelares urxentes" ante a presenza de informes técnicos que apuntan a unha "grave alteración hidrolóxica" do humedal de Brañas de Amil así como dos manantiais de agua potable "Caldas-O Salnés" pola cimentación para instalar os aeroxeradores.
Os tres colectivos piden que se delimite o humedal con criterios hidrolóxicos e bótanicos, tendo en conta a identificación de hábitats. "De non facelo e comezar as obras, haberá unha alteración importante do ecosistema", sinalan desde as asociacións, á vez que cualifican a circustancia como "indamisible". Así, alertan da modificación da conectividade dos cursos de auga subterráneos e superficiais.
Tal e como indican os datos do catastro, a delimitación das superficies inundables cocincide coas parcelas previstas para a instalación industrial. "Os prexuízos serán severos e irreversibles para o humedal, perdendo gran parte da súa biodiversidade", manifestan, e poñen por exemplo especies en perigo de extinción como a Macromia Splendens, un tipo de libélula.
Así, as asociacións requiren á Dirección Xeral de Planificación enerxética e recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e ao Concello de Moraña a paralización cautelar indicada en base ao principio de precaución en materia ambiental.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.