Sobre o prezo do aluguer en Galicia case un 20% nos últimos catros anos e o de venda está cerca do 9%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer en Galicia creceu un 19% nos últimos catros anos, mentres que o de venda fíxoo un 8,4%, segundo o portal inmobiliario Idealista. No conxunto de España o prezo da renda aumentou, entre febreiro de 2019 e o mesmo mes de 2023, un 11,4%, mentres que o de venda fíxoo un 15,7%.

De maneira máis detallada, o metro cadrado subiu na Coruña un 21,8% no que se refire ao aluguer e un 17% na venda. Así, Lugo sufriu un aumento no prezo da renda do 20%, en contraste coa venda, que diminúe un 2,4%.

Nesta liña, en Pontevedra o aumento do aluguer é do 8,6%, fronte ao 18% que o fai nas vendas de inmobles. Pola súa banda, as rendas sofren unha subida importante en Ourense, do 25,7%, ao mesmo tempo que tan só o fan nun 1,1% na venda.

DATOS ESTATAIS

No caso do aluguer, o maior aumento en España deuse en Valencia, onde os prezos aumentaron un 37,9% neste catro anos. Así, séguenlle as cidades de Alacante (35,7%), Huesca (35,4%), Castelló de la Plana (31,6%) e Teruel (30,4%).

No referido ao prezo de venda dos inmobles, Santa Cruz de Tenerife é a capital na que máis subiu o prezo da vivenda en venda nos últimos 4 anos, cun ascenso do 29,3%. Despois desta sitúanse Cuenca (24,6%), Palma (23,2%), San Sebastián (22,6%), Huesca (22,5%) ou Málaga (20,4%).

Vivenda en aluguer / Europa Press / Europa Press
Vivenda en aluguer / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta