Por E.P. | A Coruña | 25/03/2023 | Actualizada ás 14:22
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas na cámara baixa para a mellora da seguridade viaria da estrada N-651 ao seu paso polos termos municipais da comarca das Mariñas, na Coruña.
En concreto, o nacionalista esixe ao Goberno das Estado actuacións urxentes no cruzamento da estrada coa AC-164, na saída de Ponte de Pedra en Souto, no Concello de Paderne, e resolver as necesidades dos núcleos de poboación de Souto e Insua para implantar pasos de peóns, sendas ou beirarrúas que permitan a humanización da vía.
A N-651, que percorre a comarca das Mariñas, presenta varios puntos perigosos, lembra o BNG. Algúns dos máis conflitivos atópanse no termo municipal de Paderne, como o cruzamento da estrada coa AC-164, cunha alta sinistralidade.
"O alto perigo deste cruzamento tratouse en varias sesións plenarias do Concello de Paderne e mesmo existen acordos para solicitar, neste punto, a construción dunha rotonda co obxectivo de diminuír o risco para o tráfico", lembra o candidato do BNG á alcaldía de Paderne, Manel Pérez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.