Gallaecia, os premios para pór en valor o viño galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron este luns en Santiago na inauguración do certame Revera Vinum, que busca promocionar os viños e licores e augardentes tradicionais de Galicia.

O Revera Vinum, organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, dará a coñecer máis de 400 referencias vitivinícolas aos participantes e conta cun amplo programa de actividades, entre as que destacan catas históricas, talleres, degustacións, mesas de debate e relatorios con catadores, enólogos e xornalistas especializados.

Tamén levará a cabo a entrega dos Premios Gallaecia, en colaboración coa Asociación de Catadores Galegos, e a Distinción Revera Vinum, para recoñecer o traballo das persoas que loitan por pór en valor o viño galego.

Inauguración de Revera Vinum en Santiago.. PEPE FERRIN
Inauguración de Revera Vinum en Santiago.. PEPE FERRIN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta