Temas: GALICIA

Galicia empeorou os resultados en exportacións no cuarto trimestre de 2022, cunha caída de case un 6%

Con todo, para o conxunto do 2022, o comportamento das exportacións en Galicia foi favorable,

Por E.P. | OURENSE | 27/03/2023 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

As exportacións galegas de mercadorías rexistraron, no cuarto trimestre do ano, unha taxa de crecemento interanual negativa do 5,95%, en contraste coa media española, onde as exportacións creceron un 18,34%, informa o Foro Económico de Galicia.

Esta é a primeira conclusión do Barómetro Exportador de Galicia, o informe elaborado polos profesores da Universidade da Coruña Isabel Novo e José Manuel Sanchez, "e que mide trimestralmente a capacidade exportadora da economía galega", indican os seus responsables.

Nel sinálase que "este peor comportamento das exportacions ten como consecuencia unha redución do peso das primeiras no total español, que pasa dun 8,1% no terceiro trimestre ao 7,6 % no último". Para o conxunto do 2022, o comportamento das exportacións en Galicia foi favorable, rexistrando un incremento do 18,3% con respecto a 2021.

"Hai que destacar que no cuarto trimestre de 2022 os dous sectores con maior peso no conxunto das exportacións galegas presentan taxas de variación interanual negativas", indican os autores que apuntan que o sector da automoción cae un 5,3% mentres que no téxtil é dun 25,4%.

Exportación de vehículos no porto de Vigo / Pedro Dávila / Europa Press
Exportación de vehículos no porto de Vigo / Pedro Dávila / Europa Press

Temas: GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta