Os nutricionistas de Atención Primaria terán relación directa con Endocrinoloxía e Nutrición hospitalaria

O obxectivo é "mellorar a atención e calidade asistencial ofrecida aos pacientes"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2023 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, reuniuse esta semana con todos os servizos de endocrinoloxía e nutrición do sete áreas sanitarias de Galicia, e tamén coa Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición, na que se abordaron diferentes iniciativas para potenciar as novas unidades de apoio nutricional creadas por toda a rede de atención primaria do Sergas.

Segundo explican nun comunicado, a posta en marcha de circuítos de comunicación directa entre estas unidades de nutrición e os servizos de endocrinoloxía e nutrición das áreas sanitarias foi un dos acordos da reunión, "co obxectivo de mellorar a atención e calidade asistencial ofrecida aos pacientes".

Sinalan ademais que o nomeamento dun nutricionista referente por área sanitaria tamén "facilitará a comunicación e o traballo en equipo" entre os profesionais e os servizos de endocrinoloxía.

Ademais de todo isto, apuntan que a Consellería de Sanidade chegou a un acordo coa Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición para organizar unha xornada formativa onde se presentarán estas novas medidas organizativas a implantar e na que tamén se convidará a participar a todos os profesionais de atención primaria.

Centro de saúde en Caldas
Centro de saúde en Caldas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta