Vox ratifica cabezas de lista en Baiona, Tui e Marín de cara as municipais

En Baiona será Rubén Óscar Fernández Benítez, en Tui será Juan José Pérez Blanco e en Marín será Juan Manuel Rosales.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/04/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Vox continúa dando pasos en Galicia para completar a listaxe de candidaturas que rexistrará para as municipais do 28 de maio e o seu Comité Executivo Nacional ratificou a outros tres cabezas de cartel en localidades da provincia de Pontevedra: Baiona, Tui e Marín.

Así, o candidato á Alcaldía de Vox en Baiona será Rubén Óscar Fernández Benítez, que é empresario do sector do automóbil e durante máis de 20 anos traballou como axente da Garda Civil.

Pola súa banda, Juan José Pérez Blanco, candidato á Alcaldía de Tui, é oficial retirado da Armada española, á que serviu durante máis de 40 anos en activo e sete en situación de reserva.

Por último, o candidato de Vox á Alcaldía de Marín, Juan Manuel Rosales, é licenciado en Ciencias Empresariais e prestou servizo na Garda Civil ata os 40 anos de idade, cando, segundo traslada a formación, foi diagnosticado cunha enfermidade dexenerativa, pasando a formar parte das clases pasivas da dita institución.

Tamén desenvolveu actividades como director técnico comercial en diferentes compañías e traballou como axente da propiedade inmobiliaria nunha multinacional do sector.

Santiago Abascal, líder do partido ultradereitista Vox
Santiago Abascal, líder do partido ultradereitista Vox | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta