Aberto o prazo para inscribirse no concurso de música Fran Pérez 'Narf' organizado pola Deputación da Coruña

Segundo establecen as bases, as persoas participantes non poderán formar parte de máis dun grupo dos que concursen.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/04/2023 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O prazo de presentación de traballos para o XV Concurso Fran Pérez 'Narf' de música, que convoca a Deputación da Coruña, estará aberto desde este mércores día 5 ata o 15 de xuño, segundo informa o organismo provincial.

Dotado con 4.000 euros para a obra gañadora, 2.000 para o segundo posto e 1.500 para o terceiro, poderán participar no certame calquera grupo ou artista musical galego ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes como o folk, rock, rap ou reggae, que non fosen premiados no cinco anos anteriores ao concurso.

Segundo establecen as bases, as persoas participantes non poderán formar parte de máis dun grupo dos que concursen. Cada formación participará cun mínimo de catro temas orixinais, tanto en música como en letra, compostos por eles mesmos. A maqueta coas creacións terá unha duración máxima de 20 minutos.

O obxectivo desta convocatoria é "difundir, apoiar e promover" artistas musicais galegos e "lembrar a figura e a obra do músico, compositor de espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural de Fran Pérez 'Narf'".

Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015
Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015 | Fonte: José Antonio Abella Albo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta