Temas: GALICA 28M VOX

Vox ratifica outros nove candidatos en Galicia para as eleccións municipais

Seis en Ourense e tres na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2023 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia



Vox ratificou outros nove cabezas de cartel en Galicia para as eleccións municipais, de localidades situadas na provincia de Ourense e A Coruña.

En concreto, o Comité Executivo Nacional de Vox confirmou a outros seis candidatos á Alcaldía na provincia de Ourense.

Así, o aspirante en Esgos será Antonio Pérez Álvarez. Licenciado en Ciencias Económicas, Pérez Álvarez exerceu boa parte da súa carreira profesional como economista en áreas de asesoramento económico, contable e fiscal para empresas e particulares. Ademais, está vinculado á docencia. Afiliado desde 2018 en Vox, foi presidente provincial do partido e actualmente exerce de tesoureiro.

No Concello de Barbadás, o candidato á Alcaldía designado por Vox é José Miguel López. Axente comercial no ONCE, desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional como contable en diferentes empresas do sector mobiliario e da construción.

Por outra banda, o médico Héctor Rubén Fernández Otero, preséntase como candidato á Alcaldía no municipio de Coles; mentres que en Amoeiro concorrerá Luís Rodríguez Borrego, operario de produción en liña de vehículos de motor.

En San Cibrao das Viñas, o candidato designado é Bruno Vázquez Pérez, modelista de carrozarías, técnico en carrozarías e auxiliar administrativo sector automobilístico. Por último, Antonio González Reyes, candidato á Alcaldía de Toén, é administrador de empresas e traballou durante anos como director/xerente en diferentes empresas.

Con estes nomeamentos, xa son sete os candidatos á Alcaldía confirmados por Vox na provincia de Ourense, despois da designación o pasado mes de marzo do candidato á Alcaldía da cidade das Burgas, José Fermín Troncoso.

A Coruña

Na provincia da Coruña este mércores confirmáronse outros tres candidatos, entre eles o de Ribeira, que será o armador e patrón Juan José Doval Rivademar.

Pola súa banda, o candidato de Vox á Alcaldía de Cambre é Leopoldo Jáudenes Juncal, diplomado en Ciencias Empresariais. Jáudenes ocupou diferentes postos no sector financeiro e en multinacionais de materiais de construción.

Por último, o candidato de VOX por Padrón, Ramón Rei, ingresou na Garda Civil en 1991, alcanzando a consideración de suboficial. Retirado da Benemérita en 2013, pasou a traballar no sector loxístico dunha importante multinacional galega en diferentes emprazamentos de España, Francia, e Portugal.

Con estes cabezas de cartel, Vox xa ratificou cinco na provincia da Coruña, despois da designación o pasado mes de marzo dos candidatos á Alcaldía da Coruña e Santiago de Compostela, Eva Castro Caridad, e Fernando Mayo, respectivamente.

O portavoz de Vox, Jorge Buxadé, mostrando garfios usados nun salto ao valo de Melilla
O portavoz de Vox, Jorge Buxadé, mostrando garfios usados nun salto ao valo de Melilla

Temas: GALICA 28M VOX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta