Por admin | Ferrol | 12/04/2023
Por Iolanda Teijeiro
A igrexa católica non fixo máis que se apropiar dun rito solar ancestral para alicerzar o seu poder. Unha relixión que abonda no concepto de pecado e culpa tan danina na formación da personalidade, cuns compoñentes sadomasoquistas representados no culto á dor e simbolizados nas cadeas, nos pés espidos, nos lategazos… a penas disimulados pola turistización do devoto nos aplausos e fotos. Unha relixión que aínda así é mimada por un Estado aconfesional nunha chea de privilexios impropios deste século como son os concertos educativos, a intromisión de sacerdotes nos hospitais públicos ou a exención fiscal no inxente patrimonio dun reino que se di non ser deste mundo.
Hoxe asistimos á novidade dunha simulada igualdade, porque abondan xa as nenas cofrades que non chegarán a máis que as súas nais e avoas, resinadas a limpar e adoviar as igrexas e cemiterios mais que nunca chegarán a se igualar aos homes no seo dunha relixión de poder arteiramente misóxina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.