Sabes como será a seguridade do rei emérito español en Sanxenxo?

Dependerá do que determine a Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2023 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que a segunda visita que o Rei emérito fará a España, novamente a Sanxenxo, contará co dispositivo que determine a Garda Civil.

"É unha visita privada", incidiu Besteiro, quen asegurou que será a Garda Civil a que, "segundo criterios técnicos", determine como será o dispositivo de seguridade. E é que a segunda visita do Rei emérito a España desde a súa marcha en agosto de 2020 xa ten data, a próxima semana, e tamén destino, a localidade galega de Sanxenxo, desde a que no seu momento puxo rumbo cara a Emiratos Árabes Unidos e á que regresou a finais de maio de 2022 na súa primeira visita.

Don Juan Carlos ten intención de asistir a unha regata da Copa de España en Sanxenxo o 22 e 23 de abril, segundo adiantou este luns o diario 'El Mundo', que precisa que antes deste desprazamento, que se prolongará durante varios días, acudirá a un xantar privado en Londres ao que o convidou o rei Carlos III, cuxa coroación está prevista para o próximo 6 de maio.

O Rei Juan Carlos, durante a súa última visita a Galicia
O Rei Juan Carlos, durante a súa última visita a Galicia | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta