Rescatan sen vida a unha muller que caeu ao mar en Sada

A Garda Civil investiga xa as causas do sinistro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron este venres o corpo sen vida dunha muller no porto de Sada, segundo informaron a Europa Press.

Na súa conta de redes sociais, o servizo de emerxencias 112 informou dunha muller falecida tras caer ao mar en Sada e do posterior rescate do corpo. En concreto, segundo Salvamento Marítimo, pouco antes das 10,30 horas persoal do porto de Sada deu o aviso da presenza dunha persoa flotando na auga, "na praia asfáltica", precisaron.

Unha embarcación auxiliar da 'Sar gavia' procedeu ao rescate do corpo e trasladouno ao peirao. Agora a Garda Civil investiga as causas.

Porto Deportivo de Sada
Porto Deportivo de Sada | Fonte: Atlántico Norte Flcikr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta