Galicia entra en alerta laranxa no mapa mundial da seca

Arco Iris denuncia que "máis da metade de Galicia" está en prealerta por seca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris denunciou que "máis da metade" do territorio de Galicia está incluído a zona "warning" do Indicador Combinado de Seca (CDI), baseado nunha combinación de indicadores de precipitación, humidade do chan e condicións vexetais, e instou á Xunta a convocar de forma "inmediata" ao Observatorio da Seca.

Segundo sostén, os datos correspondentes ao último informe do Observatorio da Seca de Copernicus "non deixan lugar a dúbidas" de que Galicia  é unha das zonas de España "máis afectada o declive do CDI, ao mesmo nivel que zonas semi-desérticas, como o sueste ou partes de Cataluña, xa sometidos a restricións de consumo".

O GDO Analytical Report desde 2021, engade, mantén a Galicia en cor laranxa, "posición que non abandonou despois da pésima situación de 2022". A entidade advirte ademais de que a actual situación "pode facerse crítica nos próximos meses se as anomalías persisten durante a primavera".

POLÍTICA HIDROLÓXICA

En consecuencia, Arco Iris insta á Xunta a convocar de forma "inmediata" ao Observatorio da Seca e "a comprometerse a explicar cal vai ser a súa política hidrolóxica a medio e longo prazo".

A organización ecoloxista solicita información "sobre todo no que concierne á derriba indiscriminada de presas e outros obstáculos nos ríos de Galicia Costa, que deben pasar a cumprir un papel regulador que garanta caudais ecolóxicos mínimos e o abastecemento de auga de consumo e rega".

Datos de GDO Analytical Report desde 2021. ARCO IRIS
Datos de GDO Analytical Report desde 2021. ARCO IRIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta