'Risco Fest': actividades para lembrar a Vicente Risco no 60 aniversario do seu pasamento

Están pensadas para todos os públicos, concéntranse en cinco días (do 27 ao 30 de abril e o 5 de maio), e desenvolveranse en lugares que formaron parte da vida do escritor.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 24/04/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Celia Porto, Antonio Blanco, Cristina Cid e Luz Doporto asistiron días atrás á presentación do Risco Fest no cemiterio de Allariz. Trátase dun programa de actividades repartidas polas localizacións que formaron parte da vida do escritor Vicente Risco para conmemorar o 60 aniversario do pasamento.

Presentación do 'RiscoFest' no cemiterio de Allariz. Foto: Concello de Allariz.
Presentación do 'RiscoFest' no cemiterio de Allariz. Foto: Concello de Allariz.

Segundo explicou Celia Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco, os actos concentraranse en catro días, do 27 ao 30 de abril e o 5 de maio. Ourense, Allariz, Castro Caldelas e Vilar de Santos acollerán estas actividades pensadas para todos os públicos.

En Allariz os actos celebraranse os días 29 e 30 de abril. Comezarán o sábado 29 de abril ás 12:00h cun obradoiro, Risco de Cores. Pola tarde terá lugar ás 19:30h Uhuhuhú recital poético. O domingo 30 a Praza do Matadoiro collerá un contacontos, Os contos de Risco, ás 12:00h. Ás 12:30h será o Saúdo de Risco, no cemiterio municipal. Este último acto será o acto institucional, no que se procederá á lectura pública da autobiografía confidencial de Vicente Risco. A el están convidadas diversas institucións que teñen relación coa Fundación ou con persoas que no seu momento tiveron relación co escritor. Como dicía Celia, "é unha boa forma de homenaxealo estando presente a través da súas palabras coa lectura deste documento inédito". 

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, felicitou á Fundación Vicente Risco por este programada de actividades e comentou: “Conservar, difundir o legado do escritor e achegalo a sociedade é parte do traballo da Fundación Vicente Risco e con actividades como estás estano a conseguir”.

RESTO DE ACTIVIDADES

O resto de actividades repártense entre Ourense, Castro Caldelas e Vilar de Santos.

O 27 de abril haberá unha conferencia no Liceo de Ourense baixo o título "Manuel Mirguía e Vicente Risco: dous piares da cultura galega. Os ponentes serán Manuel Outeiriño e Iria-Friné Rivera Vázquez

O 29 está programada unha cea-concerto a cargo de Nanán na Arca de Noé, en Vilar de Santos. Ás 22:00 h. e con reserva previa no teléfono 699486282.

O 5 de maio, poñendo o ramo ao 'Risco Fest', Castro Caldelas será protagonista da derradeira actividade. Un concerto do grupo Cardo-Roxo ás 20:00 h. no Castelo. Entrada libre ata completar aforo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta