Arde por completo un edificio en Ourense

Non se produciron danos persoais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2023 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou por completo un edificio deshabitado situado no número 4 da rúa Reza, en Ourense, sen que se producisen danos persoais e que obrigou a cortar a rúa do inmoble, así como un carril da rúa Progreso.

O 112 recibiu o aviso deste suceso ás 05,00 horas deste sábado. Nese momento, a central de emerxencias pasou aviso á Policía Local e aos Bombeiros de Ourense, que xa deron por controlado o incendio e comproban agora o estado das vigas do edificio, que son de madeira.

Segundo trasladou o Concello, o incendio iniciouse neste edificio deshabitado e estendíase a través da cuberta aos lindeiros, número 2 (deshabitado) e 6 (con uso de almacén) da mesma rúa.

A rúa Reza permanece pechada ao tráfico de vehículos e peonil mentres os servizos de emerxencias traballan na extinción completa do incendio. No caso da rúa Progreso xa se atopa aberta ao tráfico desde as 09,54 horas. Nesta última, a consecuencia da intervención que leva a cabo na zona, un dos locais comerciais non puido desenvolver a súa actividade á primeira hora. O dispositivo de seguridade continuará esta tarde. Tamén se abriu unha investigación para determinas as causas do incendio.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta