O artista internacional Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín

O aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá esta formación do 1 ao 4 de maio grazas a unha iniciativa da Escola de Teatro Kotodama. O final da formación consistirá nun espectáculo de rúa pola vila do Támega.

Por Galicia Confidencial | Verín | 25/04/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Marcelo Katz é un experto en clown, oratoria, bufón, máscaras, teatro e coaching, e é director da prestixiosa Escola de Clown Espacio Aguirre en Buenos Aires, onde estivo impartindo clases durante máis de 30 anos. Ademais, viaxou por todo o mundo como docente e artista, ensinando e actuando en cidades de Latinoamérica, Europa e Estados Unidos.

Marcelo Katz cun grupo de intérpretes. Foto cedida ao Concello de Verín.
Marcelo Katz cun grupo de intérpretes. Foto cedida ao Concello de Verín.

A concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, Emilia Somoza, referiuse a esta actividade dicindo que "é toda unha honra contar coa presenza dun artista da talla de Marcelo Katz no noso municipio. Este taller gratuíto é unha gran oportunidade para que os cidadáns de Verín aprendan dun dos mestres do clown máis importantes do mundo".

Para Cañaveral, director da escola teatral local Kotodama: "Marcelo é un profesional que entrenou a artistas do Circo do Sol, que veña a Verin é un auténtico luxo".

O taller levarase a cabo do 1 ao 4 de maio, de 17:00 a 21:00, e está patrocinado pola concellería de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín. Para obter información de cara a anotarse chamar ao teléfono 600 234 318.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta