Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2023 | Actualizada ás 13:57
O director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Fernando Guldrís, mantivo un encontro coas autoridades do Porto de Miami, xunto con representantes do Clúster Loxístico de Galicia, onde avanzaron cun documento marco para establecer unha ruta directa de mercadorías entre Galicia e Miami.
Con esta medida, a Xunta busca establecer un hub loxístico e portuario que sirva como punto de conexión co resto de EE.UU. e con Latinoamerica.
Un dos motivos para este acordo é a apertura da planta de pneumáticos de 'Sentury Tires Spain', planificada na cidade coruñesa das Pontes, onde a maior parte da produción esta previsto que se exporte ao mercado estadounidense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.