O PP pide explicacións sobre as causas do accidente dunha atracción en Narón

Tamén critica a actuación porque, aduce, que non se comunicou o suceso aos Bombeiros de Narón "e os deixaron fóra do rescate".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2023 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O PP de Narón reclama explicacións sobre as causas do accidente dunha atracción en Narón e avanza que este martes así o solicitará a través do rexistro do consistorio. En particular, preguntará polo plan de prevención e seguridade.

Despois que o trece menores involucrados no accidente do Alto, no citado municipio coruñés, hayn sido dados de alta hospitalaria, o PP de Narón pide "transparencia" en relación a este caso.

O líder do PP naronés, Germán Castrillón, esixe explicacións sobre os motivos que produciron o desenlace e que o goberno local aclare "que previsións tiña o plan de prevención e seguridade, así como os motivos polos que produciu este incidente".

Ademais, aos responsables do goberno, do partido Terra Galega (TEGA), reclámalles "transparencia, tanto no relato como nos feitos". Tamén critica a actuación porque, aduce, que non se comunicou o suceso aos Bombeiros de Narón "e os deixaron fóra do rescate".

Casa do Concello de Narón
Casa do Concello de Narón | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta