Induráin-Chiapucci, cita en Ézaro

O cinco veces gañador do Tour e o ‘diabolo’ rememorarán os seus duelos dos 90 o vindeiro 4 de xullo no Gran Fondo Ézaro, con remate na subida ao miradoiro. A organización anuncia máis sorpresas na participación.

Por gcdeportes | Compostela | 27/02/2015 | Actualizada ás 09:02

Comparte esta noticia

En xullo do 91, nunha mítica etapa Jaca-Val Louron, Miguel Induráin vestiu o seu primeiro maillot amarelo do Tour de Francia. Chegou a meta fuxido con Claudio Chiapucci, e aquel foi o primeiro dos cinco tours consecutivos do navarro. Vinte anos despois, os dous ciclistas rememorarán os seus duelos nas estradas da Costa da Morte.

Miguel Induráin e Claudio Chiapucci, nun dos seus duelos nos 90.
Miguel Induráin e Claudio Chiapucci, nun dos seus duelos nos 90.

Será o 4 de xullo, cando os dous ex-ciclistas participarán no Gran Fondo Ézaro. Induráin, con 50 anos, lucirá o dorsal 1 e ‘il diabolo’, con 52, o número 1.000. Ámbolos dous enfrontaranse ao reto de 137 quilómetros, con inicio en Ézaro (Dumbría) e remate no Miradoiro do Ézaro, unha xa mítica subida de 1,8 quilómetros con costas de ata o 30% que o mundo do ciclismo descubriu na 12ª etapa da Vuelta a España do 2012, na que venceu Purito Rodríguez.

Miguel Induráin volverá competir nas estradas galegas, onde gañou a Volta a Galicia en 1995. Na ronda galega tamén estivo Chiapucci, que levou unha etapa da edición do 94. “Induráin por si solo é unha persoa que ten un tirón impresionante, pero a parella, a mítica parella, aquela que sempre viamos pola tele nos anos 90, máis. Hai moitísima xente que os recorda”, apuntou Ezequiel Mosquera, un dos organizadores coa súa empresa EME Sports. O ex-ciclista galego traballa para nas vindeiras datas anunciar máis sorpresas en canto á participación, que se desexa chegue aos mil ciclistas.

A proba, que este ano cambiou a denominación de Desafío do Atlántico a Gran Fondo Ézaro, pretende converterse nun referente internacional, ao que axudará a presenza de dous mitos do ciclismo. O periodo de inscrición na proba abrirase o vindeiro domingo na web www.granfondoezaro.com. Todos aqueles que se apunten en marzo entrarán no sorteo dunha invitación dobre para cear cos convidados ilustres.

Miguel Induráin e Claudio Chiapucci, nun dos seus duelos nos 90.
Miguel Induráin e Claudio Chiapucci, nun dos seus duelos nos 90.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta