Publicada a lista provisional de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o curso 2023-2024

O luns ábrese un prazo de cinco días para presentar alegacións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

As familias que solicitasen praza para o próximo curso 2023-2024 nas máis de 170 escolas infantís públicas autonómicas poden consultar as listas provisionais de admitidos na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Diso informou este venres o departamento que dirixe Fabiola García, que sinala que a partir do próximo luns, día 8 de maio, e ata o venres 12 abrirase un período para presentar alegacións. As listas definitivas daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a tres da Xunta está fixado para o día 5 de setiembre.

No curso 2023-2024 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e 11 meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública autonómica da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a escola infantil de Vite
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a escola infantil de Vite | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta