O Parlamento Europeo vota a favor de "facilitar" a dobraxe e lexendaxe en linguas minorizadas

A Eurocámara reclámalle á Comisión máis esforzos para divulgar obras europeas que representen toda a diversidade lingüística europea, tendo en conta as linguas oficiais e as linguas rexionais e minorizadas.

Por Galicia Confidencial | BRUSELAS | 09/05/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Parlamento Europeo vén de votar, esta mesma mañá, un informe para a implantación da Directiva do audiovisual no que destaca "a importancia de facilitar a acesibilidade (dobraxe, lexendas, audiodescricións ou outros elementos) en todas as linguas do territorio onde o servizo de comunicación social audiovisual é prestado".

Bandeira galega e republicana no Parlamento Europeo
Bandeira galega e republicana no Parlamento Europeo | Fonte: Youtube

Tamén recorda que "é fundamental designar, sen demora inxustificada, un ponto de contacto em liña facilmente acesíbel e disponíbel ao público en todos os Estados Membros" e reclámalle á Comisión máis esforzos para divulgar obras europeas que representen toda a diversidade lingüística europea, tendo en conta as linguas oficiais e as linguas rexionais e minorizadas.

Este posicionamento tómase días despois da comparecencia do presidente da Mesa, Marcos Maceira, do vicepresidente de AGAPI, Xosé Lois Ledo, e da profesora Soliña Barreiro, do Grupo de Estudos audiovisuais da USC, no intergrupo de linguas do Parlamento europeo, cun enorme interese por parte de deputados de todos os grupos e diversas nacionalidades.

Para valorar o informe e as súas consecuencias, representantes da Mesa e doutras entidades do sector presentes na Iniciativa polo galego no audiovisual ofrecerán unha rolda de imprensa na aula 5 da faculdade de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta