Temas: TVG RADIO CRTVG FOLGA

Os informativos da TVG e RG considerados "imprescindibles" na folga do 12 de maio

O decreto de servizos mínismos recolle que estes servizos esenciais "non poderán ser perturbados por alteracións ou paros do persoal designado para a súa prestación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde pola que se determinan os servizos mínimos da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga deste venres 12 de maio nos seus centros de traballo.

A convocatoria de folga desenvolverase entre as 00,00 e as 24,00 horas deste venres 12 de maio nos centros de traballo da CRTVG sen prexuízo do mantemento dos servizos esenciais. A orde sinala que se considera servizo esencial a produción, emisión e retransmisión nas canles de radio, de televisión e de servizos de información en liña dos programas informativos que son considerados "imprescindibles para manter o servizo público de información á comunidade".

Segundo recolle, a dirección da CRTVG determinou, despois de ouvir ao comité de folga, o persoal mínimo necesario para garantir eses servizos. Ademais, "durante a celebración da folga deberá quedar garantida a seguridade das persoas, das instalacións e do material, e, ademais, o comité de folga asegurará que, ao finalizar esta, os distintos centros e servizos se atopen en situación de funcionamento normal".

Por último, apunta que os servizos esenciais "non poderán ser perturbados por alteracións ou paros do persoal designado para a súa prestación e o incumprimento da obrigación de atender os servizos mínimos será sancionado de conformidade co previsto na normativa aplicable".

Redacción da CRTVG con asentos baleiros pola folga na CRTVG
Redacción da CRTVG con asentos baleiros pola folga na CRTVG | Fonte: COMITÉ DE EMPRESA CEDIDA

Temas: TVG RADIO CRTVG FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta