Arquivadas dúas denuncias contra Jácome por difundir logros en redes

A Xunta Electoral entende que non hai irregularidades se o fai desde a súa conta persoal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/05/2023 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral de Zona de Ourense arquivou unha denuncia interposta polo PSdeG contra o alcalde e candidato á reelección Gonzalo Pérez Jácome, por difundir logros do goberno municipal en redes sociais, ao considerar que esa difusión non infrinxe a normativa porque se fixo desde a conta persoal do rexedor e non desde contas oficiais do Concello.

Tras a deliberación pertinente, a Xunta Electoral sinalou que a actuación de Jácome "non se pode encadrar nunha infracción do artigo 50.2 da LOREG", que prohibe actos dos poderes públicos relacionados cos logros obtidos, ou que usen imaxes ou expresións similares ás usadas polos partidos que concorren ás eleccións.

Así, sinalou a publicidade denunciada polos socialistas fíxose a través da conta persoal de Twitter do alcalde, polo que acordou arquivar a denuncia. Con respecto a unha denuncia presentada por Coalición de Centro Democrático, relacionada tamén con publicacións en Facebook, a Xunta acorda o arquivo do expediente polos mesmos motivos: os logros do Concello difundíronse no perfil persoal de Jácome e na Democracia Ourensá, e non no do Concello.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na presentación da programación do Nadal. CONCELLO DE OURENSE
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na presentación da programación do Nadal. CONCELLO DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta