O cribado para detección de hepatite C en Galicia revela 14 novos casos tras realizar 13.000 probas en catro meses

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2023 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

O cribado posto en marcha pola Consellería de Sanidade a través da técnica do 'pooling' para a detección de hepatite C logrou revelar 14 novos casos tras realizar no últimos catro meses un total de 13.000 probas.

As cifras foron repasadas nun curso organizado en Vigo pola Axencia Galega para a Investigación e a Docencia de Enfermidades Infecciosas, que contou coa participación da directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo. O sistema posto en marcha pola Administración galega consiste na procura retrospectiva de pacientes que nalgún momento tiveron unha proba positiva sen confirmación diagnóstica ou sen curación.

A maiores, Sanidade traballa xa na ampliación destes cribados oportunistas para estendelos á poboación con idades entre os 40 e os 69 anos. Tamén se contempla automatizar probas analíticas e optimizar as canles de comunicación positivos para "axilizar ao máximo" a posta en marcha de tratamentos.

"É necesario reducir a morbimortalidade por baixo dun nivel no que a carga da Saúde Publica se considere insignificante", incidiu Carmen Durán, que enxalzou a perspectiva "integral" coa que está deseñada a estratexia galega para a eliminación da hepatite C. Nela colaboran os departamentos de Saúde Pública e Asistencia Sanitaria, ONG, unidades de drogodenpencia, os centros penais e as entidades científicas.

En canto aos tratamentos, os antivirais de acción directa lograron unha resposta sostida de máis dun 95% transcorridas unhas 12 semanas desde o seu inicio.

Curso hepatite B organizado pola Consellería de Sanidade
Curso hepatite B organizado pola Consellería de Sanidade | Fonte: CONSELLERÍA DE SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta