'Allariz é un mundo': campaña para coñecer Vicente Risco e Allariz dende a hostalería local

O Concello de Allariz, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, vén de presentar unha campaña de divulgación cultural e turística en gardamanteis para a hostalería local.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 18/05/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A campaña  #AllarizéUnMundo pretende divulgar a figura de Vicente Risco e promover a visita a súa Fundación en Allariz así coma o coñecemento do noso municipio mediante pasatempos e a promoción da XIII edición do festival Internacional de Xardíns de Allariz coa súa temática deste ano “A volta ao mundo en 11 xardíns”.

Xosé Rodríguez (Secretario Fundación Vicente Risco), María López (Concelleira Promoción Económica) e Celia Porto (Presidenta Fundación Vicente Risco) na presentación da campaña. Foto Comunicación Concello de Allariz.
Xosé Rodríguez (Secretario Fundación Vicente Risco), María López (Concelleira Promoción Económica) e Celia Porto (Presidenta Fundación Vicente Risco) na presentación da campaña. Foto Comunicación Concello de Allariz.

A frase “Galicia é un mundo” de Vicente Risco cóllese prestada para crear o lema da campaña, ”Allariz é un mundo”, e así achegar á cidadanía as iniciativas da fundación e outras que promove o concello a nivel cultural e turístico.

CAMPAÑA EN COLABORACIÓN

A campaña consiste na impresión de 20.000 gardamanteis individuais, dun só uso, coa imaxe dun mapa de Allariz e os puntos de interese ademais dun pasatempo vinculado ao tema. A maiores, pódese atopar neles información e horarios da fundación Vicente Risco e do Festival Internacional de Xardíns deste 2023.

O material foi presentado o pasado luns 15 de maio nun acto onde Celia Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco, e María López, Concelleira de Promoción económica, Turismo e comercio de Allariz, destacaron a importancia deste tipo de colaboracións entre os distintos actores que operan no territorio para realizar accións que axuden a dinamizar o municipio e difundir a nosa cultura.

Vicente Risco
Vicente Risco

Esta iniciativa pon de manifesto a importancia da colaboración público privada co obxectivo principal de aproveitar este soporte nas mesas da hostalería local para promover a imaxe de Allariz e de dous dos seus atractivos como son a Fundación Vicente Risco e o Festival Internacional de Xardíns. 

Dende o concello informan que os establecementos poden recoller os seus gardamanteis de  balde ata que se rematen as existencias. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta