Román Rodríguez recorda a importancia da radio para a integración e a paz na educación

O CEIP Plurilingüe Camiño Inglés de Oroso foi o gañanador do certamen anual de entrevistas radiofónicas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/05/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, puxo en valor o papel das radios escolares como "espazos para a mellora das competencias lingüísticas e de expresión oral do alumnado", durante unha visita ao CEIP Plurilingüe Camiño Inglés de Oroso (A Coruña), na V edición do certame anual de entrevistas radiofónicas realizadas polos estudantes no marco do Proxecto Schola, unha iniciativa de ámbito internacional para favorecer a integración e a paz a través da educación.

Román Rodríguez, eloxiou o "esforzo e dedicación" de docentes e alumnos deste colexio, que en 2021 recibiu o segundo Premio Innovagal da Xunta cunha proposta sobre organización de equipos, aprendizaxe por competenicas e integración das familias no traballo educativo. Ademais, participa en varias iniciativas impulsadas pola Consellería, como a rede E-DixGal, Polo Creativo, os Contratos-Programa e o Plan Proxecta.

Ademais, o conselleiro recordou o V Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, centrados este ano na figura de Francisco Fernández del Riego. Os centros premiados recibirán 1.000 euros cada un para melloras no laboratorio ou emisora de radio, ou para actividades relacionadas co funcionamento desta actividade. Así mesmo, poderán visitar as instalacións da Radio Galega (en Santiago), que emitiu os podcasts premiados este Día das Letras Galegas, e estarán dispoñibles na web do Diario Cultural.

CONCURSO PILABOT

Por outra banda, a Xunta informou de que o IES Muralla de Lugo e o CEIP Carmen García Carrasco foron os centros gañadores da cuarta edición do concurso Pilabot, organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración con Ecopilas, ERP e Ecolec.

Nesta cuarta edición do concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas, participaron uns 32.000 alumnos de 150 centros de educación primaria e secundaria de Galicia; e recolléronse máis de 46,6 toneladas destes residuos.

Alumnos no colexio
Alumnos no colexio | Fonte: María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta