Navantia estuda "posibles emprazamentos estratéxicos" de cara o futuro da eólica mariña

Desde o ámbito político falouse dun posible traslado da empresa ao porto exterior da Coruña en Punta Langosteira.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 19/05/2023 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia asegura que analiza "posibles emprazamentos estratéxicos" ante a previsión de crecemento do sector da eólica mariña e que estas instalacións serían complementarias aos seus actuais centros de fabricación e montaxe tanto de Fene como de Puerto Real.

Fontes consultadas por Europa Press detallaron que a previsión de "crecemento exponencial da eólica mariña en Europa en xeral e en España, e as necesidades derivadas do aumento do tamaño dos compoñentes dos futuros parques eólicos", motivan o que se estea estudando novos emprazamentos para o ensamblado final de compoñentes.

Desta maneira, a empresa pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), quixo saír ao paso dalgunhas manifestacións chegadas do ámbito político e que daban por seguro un traslado da empresa pública ao porto exterior da Coruña, concretamente a Punta Langosteira.

Fontes consultadas aseguraron que "unha vez encaixadas nos plans de negocio da compañía, e se fosen obtidas as concesións definitivas", estas "serían operadas caso a caso por Navantia, e os seus actuais socios e colaboradores neste negocio, contribuíndo a incrementar a capacidade nacional de fabricación de compoñentes para parques eólicos mariños".

Concentración na porta de Navantia Ferrol.
Concentración na porta de Navantia Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta