Máis de 32 millóns de euros para as obras da futura cidade de San Caetano con oficinas da Xunta

Segundo explican nun comunicado, os traballos, adxudicados á UTE Acciona Construción, S.A.-Acciona Industrial, S.A, empezarán a dar forma á futura Cidade de San Caetano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia adxudicou por 32.573.948 euros a execución das obras da 1ª fase da futura Cidade de San Caetano, na contorna da antiga de autobuses de Santiago. Segundo explican nun comunicado, os traballos, adxudicados á UTE Acciona Construción, S.A.-Acciona Industrial, S.A, empezarán a dar forma á futura Cidade de San Caetano, coa execución da 1ª fase dun gran centro de actividade administrativa, que concentrará nun único espazo servizos da administración autonómica, agora dispersos pola cidade.

A previsión é iniciar os traballos na primeira quincena de xullo, de modo coordinado coa adaptación da rúa Rodríguez de Viguri, que habilitará unha parada de intercambio modal na Cidade Administrativa de San Caetano e cuxas obras se iniciaron este pasado xoves.

A 1ª fase terá un prazo de execución de 18 meses e comprenderá a construción de dous primeiros módulos do edificio, cunha superficie útil de máis de 12.000 metros cadrados e unha configuración flexible, adaptable a diferentes usos e incluíndo, en todo caso, espazo para instalacións, almacéns e arquivos.

O deseño dos módulos, que seguen un esquema en espiña de peixe cun vestíbulo xeral, permitirán conectar os distintos usos e niveis dando acceso aos dous bloques, entre os que se disporá un patio interior con árbores. Os edificios distribuiranse en catro pisos, dous por baixo e dous por encima da cota do acceso principal desde a praza de Camilo Díaz Baliño.

Destacan, entre outros aspectos, a solución axardinada para as cubertas e "a vontade de que a Cidade de San Caetano sexa un exemplo en canto a funcionalidade e eficiencia enerxética". Remarcan tamén que nesta obra prestarase especial coidado á integración paisaxística e á reurbanización do espazo público da contorna, con moita atención ao ámbito entre os novos edificios e as instalacións do servizo de bombeiros.

Esa zona, na que se proxecta o desenvolvemento futuro da 2ª fase, quedará mentres tanto, como espazo público ao servizo dos cidadáns. As obras "teñen como obxectivo mellorar a atención aos cidadáns, renovar e modernizar o espazo de traballo para case 700 empregados públicos e evitar un gasto en alugueres de máis de 1,1 M?/ano. Tamén achegarán valor engadido a todo este ámbito da cidade, "procurando a ordenación e a máxima integración estética".

Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo
Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta