Marrocos: té, lúa e estrelas

Estas tres cousas son seguramente -xunto cos deliciosos almorzos- as que sempre lembrarei da miña primeira viaxe a Marrocos. Os tés compartidos coa xente, e unha lúa e unhas estrelas que nunca vira tan bonitas desde outra parte do mundo.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 09/03/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Os tellados de Fes / Foto: Guido Álvarez

Aquela viaxe a Marrocos foi unha das mellores viaxes que recordo. Alá polo ano 2010, con dous amigos expertos no país norteafricano, Nacho e Jorge, voamos de Madrid a Fes, e logo completamos un bó percorrido: Chefchaouen, Meknes, Volubilis, Kenitra, Rabat… 

552139_396151673825712_999837618_n

Estación do tren en Fes / Foto: Guido Álvarez

Foi unha sorte ter a súa compañía e contar coa súa planificación, que a día de hoxe aconsellaría repetir a calquer persoa que viaxe a este país. Alugamos un coche nada máis chegar, e grazas a el puidemos percorrer con calma todos estes lugares.

552139_396151673825712_999837618_n

Rúas marroquíes / Foto: Guido Álvarez

Ter escollido este tipo de viaxe foi o que nos permitiu desfrutar de dúas das cousas mencionadas neste título: a lúa e as estrelas. ¡Que fermosura! Nun dos tramos nocturnos, atravesando o rural marroquí, lonxe de cidades e pobos, lonxe da contaminación lumínica, observamos o ceo máis limpo e espectacular que nunca vin. Realmente aconsellable.

552139_396151673825712_999837618_n

Restaurante marroquí / Foto: Guido Álvarez

Coñecer o pasado romano de Marrocos a través do xacemento romano de Volubilis (Patrimonio da Humanidade dende o ano 97), contemplar o precioso pobo azul (as casas e muros son desa cor) de Chefchaouen, camiñar pola historia de Meknes (tamén Patrimonio Mundial), bañarse na costa atlántica nas proximidades de Kenitra, desfrutar da vida urbana de Rabat, tombarse a descansar na explanada da torre de Hassan, marabillarse coa arquitectura relixiosa, respirar con calma ó lado dalgunha fonte, degustar deliciosos pratos nacionais como o Tajine de polo, tomar algún té ó que seguro  nos convidarán nalgún momento polas rúas, e sobre todo eses zumes de laranxa e rghayefs/msemen (unha especie de filloas) con mel para almorzar… son algúns pequenos praceres que nos ofrece Marrocos.

552139_396151673825712_999837618_n

Cidade romana de Volubilis / Foto: Guido Álvarez

A maxia de Fes

Capítulo á parte para unha cidade fascinante. Fes é unha das históricas, e de feito está considerada a capital relixiosa do país. A súa medina foi o primeiro ben marroquí nomeado pola UNESCO como Patrimonio Mundial, alá polo ano 1981. Algúns din que é o espazo peonil (entre os urbanos) máis grande do planeta. É tamén un centro universitario e de comercio. De feito, na zona histórica, atoparemos montóns de negocios e boas oportunidades para mercar produtos tradicionais… especialmente curtidos.

552139_396151673825712_999837618_n

Palacio Real de Fes / Foto: Guido Álvarez

Os curtidoiros de Fes son de feito unha das imaxes máis icónicas, pintorescas e fotografadas de Marrocos.  Frecuentemente en revistas de viaxes ou nas redes sociais as veremos, coas súas fosas multicor e os curtidores que mesmo nos períodos de calor traballan arreo.

552139_396151673825712_999837618_n

552139_396151673825712_999837618_n

Curtidoiros de Fes / Fotos: Guido Álvarez

Unha cidade para perderse con gusto no labirinto da súa medina, un país fascinante que temos moi preto. A tiro de baixo custo dende Barajas, ou senón de barco…

Algúns inevitables de Marrocos: xacemento romano de Volubilis, torre Hassan en Rabat, medina de Fes, cidade santa de Chefchaouen, cidade histórica de Meknes

552139_396151673825712_999837618_n

Gato nunha mesquita / Foto: Guido Álvarez

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985). Profesional do sector turístico. Diplomado, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e profesional en varios países europeos.

Web: www.guidoalvarezparga.com / Twitter: @guidoalvarezp / Páxina de FB: Homo ambulans / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Guido Álvarez Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985) Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster europeo en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e profesional en varios países europeos, actualmente traballa en Francia. Entre as súas experiencias destacan o seu traballo durante tres anos nos observatorios turísticos do CETUR (Santiago de Compostela) e a súa participación nos programas de estudos Maclands, Leonardo e Erasmus. Blogue Twitter