Artigos de Homo ambulans - Guido Álvarez

Inspiración en Budapest

GC viaxou a Budapest, a capital compartida do que foi un gran imperio. En torno a esa gran vea que cruza Europa, o Danubio, está a Gran Sinagoga (segunda máis grande do mundo), o Parlamento Húngaro, a Praza dos Heroes, o Mercado Central, a basílica de San Esteban, o castelo de Vajdahunyad, o Bastión dos Pescadores... Pero tamén esa Budapest oculta da que non se fala nas guías.

De París á Galice Celtique de Carlos Núñez

A pasada semana rematou o primeiro tour temático de Mundo Galaico: tres francesas da rexión parisina foron as encargadas de estrear este novo produto turístico. Un novo capítulo desta historia que comezou no Zénith Nantes no 2014 e que xa vai pola súa sexta entrega no Galicia Confidencial.

A xira francesa de Carlos Núñez e Mundo Galaico

Unha historia que narramos en Galicia Confidencial dende o seu inicio, en abril do 2014. O quinto e por agora último capítulo: o pasado mes de marzo. Con Viajes Mundo Galaico viaxamos a Francia, acompañando a Carlos Núñez e as Celtic Legends. ¿O motivo? Promover viaxes a Galicia, para este verán, dende a gran xira do gaiteiro no hexágono galo.

Viaxes para grupos de franceses á Galicia Celta de Carlos Núñez

Unha aventura fantástica que foi relatada en Galicia Confidencial dende o seu inicio. Primeiro con aquel chío en twitter, logo naquel concerto do gaiteiro universal no Zénith Nantes en 2014 e posteriormente en Inglaterra no verán de 2015. A aventura continúa cun proxecto moi importante para atraer ó turismo francés a Galicia.

Teramo e o Abruzzo: paseos pola Italia querida

Teramo é unha pequena capital de provincia italiana. Máis concretamente, unha das do Abruzzo, unha das rexións más auténticas e con maiores contrastes paisaxísticos no país da bota. Onde o cumio máis alto dos Apeninos (Gran Sasso, 2912 metros) e as fermosas praias do Adriático non distan máis de 50 quilómetros.

A aventura inglesa: Carlos Núñez e as Chapel Sessions

Xa falaramos desta historia anteriormente. Aquel chío en twitter, eses ingleses fantásticos, Nantes, Lugo, Ortigueira... e o que estaba por vir, viu. Quince días polo sur inglés e moitísimas lembranzas desfrutando da maxia do noso gaiteiro universal. As Chapel Sessions e o Wickham Music Festival vibraron co virtuosismo de Carlos Núñez e a súa banda.

A maxia da música: Carlos Núñez, Nantes, Lugo e Southampton

É una das miñas anécdotas recentes que máis me gusta contar. Sírveme moitas veces coma comodín nas conversas sobre os potenciais positivos das novas tecnoloxías. Unha historia con Carlos Núñez coma protagonista involuntario, e con Nantes, Lugo e Southampton como referencias xeográficas.

A Mariña Lucense: terras e praias de castrexos e romanos

Na columna do Homo Ambulans case sempre viaxamos a lugares relativamente afastados da terra galega… pero iso agora vai cambiar.