Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 13:44
O candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Santa Comba (A Coruña), Juan David Sixto, denunciou ante a Garda Civil un "buzoneo" e unha difusión de mensaxes de whatsapp con "graves acusacións" referiridos a súa persoa e no que se menciona á familia. Ademais, o BNG presentou unha denuncia ante a xunta electoral por "posible delito electoral".
"Quero que a Xustiza poña a cada un no seu lugar e se alguén cre que eu cometín algunha desas animaladas que pon nese folleto, ínstolle a ir á Garda Civil ou ao xulgado a pór unha denuncia. Non hai ningún tipo de problema", salientou o candidato.
Juan David Sixto compareceu en rolda de prensa este mércores acompañado por varios membros da dirección do BNG para denunciar a "campaña de acoso" contra o candidato, detrás do que aseguran está "unha persoa da candidatura do PP de Santa Comba".
"Son completamente falsas e un ataque contra min como candidato do BNG, polo que de maneira urxente, decidín pór en coñecemento policial os acontecementos para que se tomen medidas contra os autores", subliñou o candidato, quen estuda tamén outras medidas para facer fronte "a un ataque que pon en cuestión ao candidato e provoca un grave prexuízo á súa persoa e á súa familia, en palabras da responsable comarcal, Elvira Cienfuegos.
A responsable política comarcal non dubida de que "os feitos de ataques claramente político que queren pór en cuestión unha candidatura que se presentou nun acto masivo e estaba a ser apoiada por moitos veciños de Santa Comba".
"PERSOA CANDIDATA DO PP"
O BNG di que "chama a atención que as mensaxes foron difundidos en grupos de whatsapp por parte dunha candidata do PP en Santa Comba, o que poría á vista a intencionalidade dos feitos e o obxectivo político de amedrentar e cuestionar a candidatura do BNG".
Os nacionalistas confían en que se aclaren os feitos o máis axiña posible e sexan identificadas as persoas responsables do que definen como "un ataque á liberdade política, ao dereito a presentar unha candidatura" e tamén á "implicación política do partido ao que pertence a persoa que está a difundir as mensaxes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.