Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 16:47
A eurodeputada do BNG Ana Miranda subliñou que é "imprescindible" que os proxectos de eólica mariña respecten ao sector pesqueiro e o medio mariño. Destacouno na conferencia que tivo lugar este mércores no Parlamento Europeo baixo o título 'Sobre eólica mariña: cara a un novo fracaso ambiental?', na que participou unha delegación galega, asturiana e portuguesa representante do sector pesqueiro convidada o Bloque.
Miranda subliñou "a necesidade de que se coñezan os efectos prexudiciais dos actuais megaproyectos de eólica mariña" e criticou a "falta de participación". O portavoz da plataforma en defensa da pesca e dos ecosistemas mariños, Torcuato Teixeira, avisou de que "a loita contra o cambio climático non pode pór en perigo os ecosistemas".
Denunciou ademais a "imposibilidade" de que coexistan os proxectos de eólica mariña actuais coa actividade pesqueira debido á configuración da plataforma continental ao longo da costa galega, "moito máis estreita que no resto" do litoral europeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.