Hai máis de 13.800 vacantes laborais nas empresas galegas

Aumentaron no segundo trimestre do ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

As empresas galegas contan cun total de 13.841 vacantes de emprego no primeiro trimestre de 2023, o que supón un incremento de máis de 1.000 respecto dos tres meses anteriores, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

No entanto, van á baixa na comparación coas case 20.000 que se rexistraban no segundo trimestre nas empresas de Galicia.  A definición de vacante que emprega o IGE é a dun posto remunerado creado recentemente ou non ocupado --ou a piques de quedar libre-- para o cal o empregador toma medidas activas para atopar un candidato e ten intención de cubrir a praza de forma inmediata.

Canto maior é o tamaño da empresa, máis o número de vacantes. O motivo máis indicado como causante de non ter cubertas as vacantes é a falta de persoas con formación adecuada. Pola súa banda, o principal motivo polo que compañías non tiñan vacantes é que "non se necesita a ningunha persoa máis".

Un traballador manipula uns cenollos na lonxa de Burela
Un traballador manipula uns cenollos na lonxa de Burela | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta