PSOE 28M: Ángel Mato obrigado a cambiar a súa axenda tras dar positivo en Covid

O domingo acudirá a votar comunicando ao presidente da mesa a hora á que irá para que as persoas que alí estean poidan manter a distancia necesaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2023 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aproveitou este sábado a xornada previa á cita electoral para dar un paseo en bicicleta polas proximidades do Lago das Pontes e ten previsto acudir pola tarde ao derbi entre o Racing de Ferrol e o Celta B no estadio da Malata.

O tamén candidato á reelección como alcalde das Pontes ofreceu unhas breves declaracións aos medios antes de iniciar a ruta en bicicleta coa que comezou a xornada de reflexión. Despois de días "percorrendo as grandes e pequenas localidades do país", dixo, agora toca "descansar" e "dedicarlle tempo á familia", e aos amigos, cos que despois da ruta irá tomar " unha caña".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, pousa no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, pousa no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press | Fonte: Europa Press

ÁNGEL MATO, ILLADO POR COVID

O alcalde de Ferrol e candidato socialista á reelección, Angel Mato, cambiou este sábado os plans preparados para a xornada de reflexión polo illamento, tras dar positivo en covid.

"Lamentablemente, despois de tres anos esquivando o virus, o que onte parecía un pequeno arrefriado converteuse esta mañá en covid", apuntaba Mato nun comunicado no que avanzaba que deu aviso do seu positivo ás persoas que compartiron con el o peche de campaña e aos portavoces políticos que estiveron no seu último debate.

Ante esta circunstancia, decidiu cancelar a súa axenda pública de hoxe para "evitar contactos innecesarios", a pesar de que sanitariamente xa non é unha obrigación. O domingo acudirá a votar, como estaba previsto, comunicando ao presidente da mesa a hora á que irá para que as persoas que alí estean poidan manter a distancia necesaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta