Axudas para os que queiran volver darse de alta como autónomos tras a Covid

As axudas chegan ata os 10.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Xunta financiará con axudas por unha contía de 10.000 euros ás persoas autónomas que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade. Estes apoios xa poden solicitarse, tras publicarse as bases da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo finalizará o próximo 31 de outubro.

Segundo detallou a Consellería de Promoción do Emprego, son axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver emprender no mesmo ou diferente sector. Así, o Bono Nova Oportunidade está dotado de 1,5 millóns de euros, un crédito co que o Goberno galego prevé poder beneficiar a unhas 150 persoas traballadoras por conta propia.

Nesta liña, a Xunta pretende facilitar o retorno ao empredimiento das persoas que tiveron que pechar os seus negocios debido á crise provocada polo covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta