Luís López favorito para presidir a Deputación de Pontevedra

Nesta liña, Marta Fernández-Tapias, candidata do PP en Vigo rexeitou encabezar a lista ao Congreso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/06/2023 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, é o mellor situado para facerse co bastón de mando da Deputación provincial, fronte á vía da candidata do PP en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a quen nas últimas horas ofrecéuselle encabezar a lista dos populares ao Congreso por Pontevedra, opción que rexeitou, "non tería sentido" e "sería un erro" defendeu a candidata.

Neste momento, e a pesar de que se analizou a posibilidade de que outros rexedores con bos resultados electorais puidesen tomar o bastón de mando, a opción de que Luís López para que se poña á fronte da institución provincial é a máis probable.

En todo caso, a pesar de ser da súa máxima confianza, López non parecía ser a primeira opción de Rueda para presidir a Deputación antes do 28 de maio, tendo en conta que nas listas de Rodeiro, localidade da que foi alcalde antes de ocupar a Delegación da Xunta en Pontevedra, pechou a candidatura como último suplente.

Así as cousas, para que el poida facerse cunha acta de edil, que lle permitiría entrar na Deputación, terían que renunciar todos os candidatos que lle anteceden (16) e o grupo municipal popular.

Rueda, Tapias e Luís López, nun acto político
Rueda, Tapias e Luís López, nun acto político | Fonte: Europa Press

ALTERNATIVAS

En todo caso, dende a contorna de Fernández-Tapias non dan por pechada ningunha porta, nin sequera aínda a da Presidencia da Deputación (o propio Rueda evitou facelo esta semana). Pero tras rexeitar a dirixente encabezar a lista ao Congreso, admiten que, de non poder ter a Presidencia, unha vicepresidencia con mando en praza sería a alternativa "razoable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta