Hai un 21% menos de ofertas de emprego destinadas a persoas con discapacidade

Cogami di que esta baixada está relacionada coa actual reforma laboral e a modificación nos contratos de traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) detectou neste primeiro semestre do ano un descenso no número de ofertas de traballo lanzadas polas empresas galegas para a contratación de persoas con discapacidade, o que desencadea unha baixada no número de insercións con respecto ao ano anterior.

Así, durante o ano pasado, o servizo de Emprego de Cogami captou 549 ofertas remitidas polas empresas que concluíron coa contratación de 873 persoas realizadas a través deste servizo. Agora, desde inicios deste ano, rexistráronse 433 ofertas de emprego remitidas polas empresas, un 21% menos que repercutiu tamén no número de persoas contratadas, rexistrando unha baixada do 16%. En concreto, no que vai de 2023 foron contratadas 730 persoas, 143 menos que o ano pasado por estas datas.

Por cidades, na Coruña contratáronse a 143 persoas; en Ferrol, 86; en Santiago, 93; en Lugo, 77; en Ourense, 104; en Pontevedra, 112; e en Vigo 115. Segundo a coordinadora da área de Emprego, Mª Carmen Ínsua, esta diminución nas ofertas lanzadas polas empresas están relacionadas coa actual reforma laboral e a modificación nos contratos de traballo.

Orientadoras laborais.. COGAMI
Orientadoras laborais.. COGAMI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta