Mais aló de votar

Canto de sedución ten un proceso electoral?. Mais aló de poñer unha papeleta nunha furna, facer o reconto e dar resultados logo dá aplicación dá lei que rexe os procesos, o importante aínda esta por vir. Fixádevos, sempre sabemos o que votamos no remate dunha xornada electoral pero case nunca que van facer, @s representantes elixidos.

Por Fermín Paz | As Pontes | 24/03/2015

Comparte esta noticia
O voto como instrumento para o cambio sen sabermos que vai cambiar e como facelo, non negaredes, que é sedutor. Que as responsabilidades políticas son xulgadas e logo amnistiadas co voto popular, ademais dunha interpretación interesada, non deixa de ser un engano democrático sedutor.
 
Pregúntome, ¿cantas esperanzas e desesperanzas teñen acubillo nunha furna?, ¿cantas papeletas teñen como misión a defensa do sistema? , ¿cantas senten a obriga de votar por quen sabe que ?, e ¿cantas mais, seguen ou chamado dá fidelidade cega?. Cantas e tantas preguntas mais, poderiamos facernos sobre o asunto. Non neguedes que, cando menos, o choio ten certa capacidade de atracción.
 
Segundo as enquisas, o corpo electoral chamado a participar nos vindeiros procesos, está lonxe de deixarse ou quererse "fidelizar". Dise tamén que, a chamada indecisión terá moita pegada nos resultados. Xa miraremos cada caso. Non meu entender, pode que a indecisión hoxe por hoxe, se volva contraditoria na dinámica española, dá esquerda e dá dereita. Hai fendas de dimensións importantes nos nichos tradicionais de votantes de cada un destes espáceos. Ou debuxo resultante será consecuencia dos “erros” (por dicilo suavemente) de PSOE e PP e talvez polas respostas dalgunhas dás “cantas” preguntas ou do medo, a facerse outras, dás que logo teñamos que dar conta.
 
Ninguén dubida que estamos diante dunha mudanza nos espáceos políticos. Tratarei non meu laboratorio dás ideas de analizar, as posibilidades dá devandita mudanza.
 
É o domingo dás elección en Andalucía. A esta hora, as catro do serán, só sei que pola mañá votou un pouco mais de xente (4 puntos), que no derradeiro proceso electoral, nesta Comunidade. Vou ir mais aló do dia de hoxe. Estou interesado pola xestión dos resultados electorais. Acredito  dúas posibilidades, tanto neste caso como nos que virán mais adiante. Como xa dixen noutro artigo, acordos na esquerda ou na dereita multixustificativos para formar un goberno, ou deixar que goberne en minoría a lista mais votada. A dicotomía, esquerda-dereita, conforma o discurso do PSOE e PP pero na práctica, Podemos, IU,Cidadáns, etc..., son unha lousa para ou seu deseño postelectoral. PSOE e PP desexan recuperar ou espáceo perdido. Os chamados emerxentes non poden ou non deben, na primeira ocasión que teñen, invalidar os seus proxectos cun acordo coa vella política (foi o que dixeron).
 
O bipartidismo quere seguir sendo hexemónico, para min é o mais salientable. Fai tempo que están a darlle voltas o asunto para deseñar un plan de recuperación do seu “status”. Esa será, no análise que fago, a liña estratéxica. Por iso, penso, que 
 
logo do rebumbio dos resultados e de escoitar a mensaxe do pobo, só eles, teñen a capacidade de  xestionar o voto. A súa interpretación pode ser que a lista mais votada, goberne. Miraremos casos prácticos onde a norma será incumprida e xustificada. Mais adiante, ás dificultades de gobernar en minoría, será a coartada xustificativa para desenvolver unha segunda parte dá estratexia. Farán un chamado a gobernos fortes e con maioría suficiente para a restauración dun sistema construído e deseñado para unha alternancia cíclica, entre a socialdemocracia e a dereita liberal.
 
Os partidos emerxentes, saben ou deben saber que rematada a campaña, a posibilidade de cumprir coas promesas de mellora social pasan polos gobernos. Xestionar só o descontento, mais cedo que tarde, non é unha alternativa. Como noutros casos, terán que poñer muros organizativos para defenderse da centrifugación de moitos dos apoios electorais que poidan obter agora. Unha papeleta de voto ten unha perspectiva do curto prazo. É tan conxuntural como a indecisión que na maioría dos casos, é un voto de conveniencia. 
 
Algúns dos aspectos decisivos dá expresión electoral dunha sociedade están determinados polo discurso e algo menos do que eu quixera, pola acción. Os medios de comunicación son un dos principais instrumentos de construción dá hexemonía. O foi non caso do bipartidismo e agora o é tamén, no crecemento en progresión xeométrica dos chamados partidos ou organizacións emerxentes. Non acredito neste fenómeno unha fonte explicativa unicausal pero cando debatamos dá democracia e dá súa calidade, convén non esquecerse da importancia  da chamada “opinión pública” para  condicionar unha estratexia ou os apoios en calquera mapa electoral.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.