Alfonso Rueda afirma que a oposición está "moi despistada" pola decisión de non adiantar as eleccións galegas

"Se eu decidise un adianto, estarían a criticar. Como non o fixen, critican o contrario. Iso é froito dun descoido que eu non podo arranxar", esgrimiu.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/06/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou, tras manifestarse a líder do BNG, Ana Pontón, a favor dun adianto das eleccións autonómicas, que tocarían o verán do ano que vén, que ve á oposición galega "moi despistada". "Se eu decidise un adianto, estarían a criticar. Como non o fixen, critican o contrario. Iso é froito dun descoido que eu non podo arranxar", esgrimiu, en declaracións aos medios en Arteixo.

Tras a convocatoria das eleccións xerais para o próximo 23 de xullo por parte do presidente do PSdeG, Pedro Sánchez, o titular da Xunta inclinouse por non seguir os seus pasos, co argumento de que as "urxencias electorais" do socialista non poden perturbar a "estabilidade" en Galicia. A semana pasada volveu arrefriar a posibilidade dun adianto a outono, aínda que admitiu que, en reunións internas do partido, instou aos seus a permanecer "sempre" en tensión electoral.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside o Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside o Consello.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta