Misteriosa viaxe polo tempo

O punto de partida desta viaxe é unha hipótese que terma dunha historia. Mais adiante, tratarei de refacela ( a historia) para darlle o formato de guión literario e presentalo no festival de Cans, na súa decimo terceira edición, si chegamos aló. Algúns dirán que non deixa de ser unha interpretación, á miña, duns feitos aparentemente desenguedellados na historia e pegados adrede, valéndome das posibilidades da creatividade. Aconsello unha pequena espera. O tempo é o meu compañeiro desta viaxe . Ten vida e fala. Escoitádeo e logo tirade conclusións.

Por Fermín Paz | As Pontes | 28/03/2015

Comparte esta noticia
O anterior precedente dun caso de renuncia papal ( término axeitado para indicar que un papa deixa de exercer a súa dignidade clerical segundo figura no Código do Dereito Canónico), obríganos xogar co  tempo xa que para lembrar outro acontecemento das mesmas características, temos que “viaxar” ata o século XV. O derradeiro papa que tomou a mesma decisión, foi Gregorio XII, que exerceu desde 1406 ata 1415. Renunciou do seu posto para poñer fin ao Cisma de Occidente. Daquela, tres candidatos ao trono papal.
 
 
Volvamos ao presente. Bieito XVI, suma á súa renuncia, “a desaparición para o mundo”, segundo as súas propias verbas. Pero desaparecer e non facelo, é fariña mesturada coa fantasía, ou sexa, un relato de ciencia-ficción. 
 
 
O paradoxo da viaxe no tempo, ou paradoxo do avó, é unha construción literaria apadriñada por primeira vez polo escritor francés de ciencia ficción, René Barjavel na súa novela, O viaxeiro imprudente. O concepto xa fora desenvolvido con anterioridade, por Mark Twain no seu libro, O forasteiro misterioso, que malia non pertencer ao xénero de "ciencia ficción", o argumento chega a centrarse por momentos, na infinidade de vidas alternas que poderían ser posibles, de non ser por unha simple acción ou inacción. 
 
 
Vaiamos  á trama. Xan Paulo II encargou ao cardeal Bertone  xuntarse coa vidente portuguesa Sor Lucía para falar sobre a súa interpretación da terceira parte do segredo de Fatima. O diálogo, tivo lugar o 27 de abril do 2000 en Coimbra. Pouco despois, xuntaron os cardeais Ratzinger e Bertone para debater sobre da interpretación mais acaída da igrexa, que fai publica o segundo, como secretario da congregación para a doutrina da fe, o 26 de xuño do 2000, coa seguinte interpretación teolóxica proposta polo primeiro dos cardeais citados ,...a terceira parte do segredo fai referencias aos acontecementos concretos que xa pertencen ao pasado. Quen agardara impresionantes revelacións apocalípticas sobre o fin do mundo ou sobre o curso futuro da historia, non vai gustar do que vou dicir. Fatima non nos ofrece este tipo de satisfacción da nosa curiosidade, do mesmo xeito que, a fe cristiá polo demais non quere e non pode ser un almorzo para a nosa curiosidade. O que queda de certo é o chamamento á oración como camiño para a “salvación das almas” e, no mesmo sentido, a chamada á penitencia e á conversión...
 
 
 
 
 
Roubo na catedral de Santiago de Compostela. Todo comezou por un descoido. Un estudante americano ollaba o Códice Calixtino baixo a supervisión dun empregado do templo. Unha chamada fai que deixen a sala do Arquivo Histórico na que o Códice, fica protexido pola pechadura dunha soa porta. O ladrón,  é o electricista que traballou durante 25 anos no templo e aproveitándose da ocasión fai o roubo coa copia da chave que garda na súa casa. Sen levantar sospeita colle o Códice e lévao. Agachouno durante case un ano, dentro dunha bolsa de lixo, no garaxe.  Dito feito, serviu para confirmar o roubo continuo no patrimonio artístico e relixioso da catedral compostelán. 
 
 
No expediente  policial do roubado, falase de xoias, libros, material litúrxico e diñeiro. A información xornalística só salientou, o roubo do Códice é unha cantidade importante de cartos. No rexistro no garaxe do Milladoiro atopouse un libro   que non pertence á catedral de Santiago de Compostela, senón que leva  a simboloxía do arcebispado de Porto e doutro, coa da biblioteca do Vaticano. O primeiro dos  libros é, De civitate Dei contra paganos ; o segundo, un manuscrito das viaxes que o sacerdote italiano Xan Bautista Confalonieri fixo entre 1592 e 1597, pola Vía Portuguesa do Camiño de Santiago. Ámbolos dous teñen un texto  manuscrito, asinado polo Bispo de Leiría pegado nas contracubertas que  di : Bieito XVI deixou dito na súa viaxe a Fatima no 2010, “ ....Enganaríase quen pensase que a misión profética de Fatima rematou. Na revelación do “segredo” podemos atopar as claves e dar continuidade  o noso camiño para a salvación da humanidade...”
 
 
Galiza, Praza do Obradoiro. Noite do 24 de xullo de 2017. Lumes artificiais na honra do Apóstolo e queima do gran castelo de pirotecnia que imita a fachada gótica da catedral. Ao final da demostración e durante uns minutos proxéctase na devandita fachada, a seguinte escrita, “ringraziamo e lodiamo al Nauta di Ponto Nigro”. 
 
 
Habitacións privadas do papa, 25 de decembro de 2012. Logo dunha pequena cea e uns vasos de bo viño tinto da Toscana, un Chianti, un Brunello de Montalcino 2005, o Pontífice retírase ás súas habitacións, ten bo durmir e na noite, os soños ... Ao espertar trata de adiviñar, si algún dos soños  é unha revelación divina, ou soño é. 
 
 
Debates no conclave para elixir ao novo papa.  Non se atopa entre os cardeais que procederán á elección. A tensión é máxima, perigo real de Cisma, ata oito candidatos iniciais, logo prodúcense apaños e finalmente  sintetízanse en tres tendencias de claro corte territorial: unha italiana, outra americana anglosaxoa e outra hispana con apoio francés.
 
 
Os días seguintes, emprégaos en resolver o asunto que xurdiu en forma de soño.  Precisa facer algo. É unha situación semellante ao do Cisma de Occidente, pelexas dialécticas entre cardeais das diferentes igrexas territoriais, varias tendencias ideolóxicas, escándalos de todo tipo que saltan á opinión pública. É como unha vinganza da historia. 
 
 
 
 
 
Decídese pola renuncia, é unha xogada á desesperada tratando de frear que un novo Cisma apareza no seo da Igrexa Católica, sendo o papa. Move todos os fíos, ninguén o ve, esta desaparecido no escenario do mundo. Boa estratexia.
 
 
Mes de marzo de 2013, balcón central da basílica de San Pedro-Roma-, o cardeal protodiácono anuncia ao pobo romano e a todo o mundo a elección dun novo romano pontífice. Despois do anuncio, preséntase e pronuncia o seu primeiro discurso ao mundo despois do conclave e imparte a súa primeira bendición Urbi et orbi. O novo papa é Francisco e  terá un mandato de catro anos. O seu facer será mais popular que o seu, centrado na dimensión teolóxica e no debate permanente coa intelectualidade agnóstica e as correntes de pensamento dentro da propia igrexa. Dá pasos para o dialogo interno e externo. Algúns das súas viaxes e traballos, hai que interpretalos baixo esta perspectiva.
 
 
Bieito XVI, agora de novo Joseph Ratzinger, bispo de Roma, pública un novo libro sobre a fe a finais de 2013. O mundo deuno por desaparecido, peor para o mundo. Bieito XVI morre o 24 de xullo do 2017. Pero antes axuda a resolver a trama.
 
 
A escena final é outra das claves para o desenlace. O Presidente da editorial Rizzoli, Anxo Provasoli, responsable de editar o novo libro de Joseph Ratzinger, recibe no seu despacho o orixinal para a súa publicación (13 de Novembro 2013), cunha nota manuscrita nun folio co selo do papa Bieito XVI (Tarcisio Bertone, o chamado cardeal Camarlengo, funcionario da corte papal, que ten como primeiro labor destruír o anel do papa logo do 28 de febreiro 2013,  así como o seu selo oficial coa finalidade de que ninguén, na contorna papal, poida falsificar as súas decisións, sendo este feito a demostración simbólica do final da autoridade do papa), no que aparece o seguinte texto: 
 
 
 “A fe move montañas. A miña viaxe polo tempo chegou ao seu fin. Non merezo ningunha louvanza polo meu facer,  malia conxurar, 598 anos despois, un novo perigo de Cisma que de acontecer,  racharía á igrexa para sempre. Fatima é unha misión que aínda non rematou. Hai moitos  camiños  nesta vida con encrucilladas. Cando xurdan as dubidas, orientade sempre os vosos pasos cara a Santiago de Compostela. O home sempre soubo que non ten no mundo morada definitiva, aquí vai de camiño como a igrexa mesma que é peregrínante, tratando de atopar a patria celestial. Alguén da nosa igrexa deixarase aconsellar polo demo para aloxarse  de Deus. No Códice Calixtino, libro I, Capitulo XVII , dise que,  o abandono a Deus é un camiño cara ao inferno. Quen camiñe cara o inferno poderá acreditar que, existe, é eterno e non está baleiro.  As follas 1 e  220 do manuscrito orixinal do devandito Códice, existen, atopádeas e ler as anotacións o marxe que teñen moita importancia para achegarvos a verdade. O novo papa que virá despois de Francisco  orientara o seu pontificado ao dialogo coas outras igrexas asentado na  certeza ética e moral de que todos os seres humanos somos ceibes e iguais, e sobre a cal,  compre reorientar o  camiño da humanidade  para facer posible a paz  e a protección  do ecosistema terrestre. A outra posibilidade é, a desfeita mundial. O final da misión é unha escolla da humanidade. ”. Asdo/ Gregorio XII, 25 de Xullo 2013.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.