Un recurso electoral atrasa o pleno de constitución da nova corporación de Celanova ata o 7 e xullo

O motivo foi un erro na transmisión telemática dos resultados da mesa de Acevedo do Río a noite dos comicios electorais do pasado 28 de maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A celebración do pleno de constitución da nova corporación local no Concello de Celanova postergarase ata o 7 de xullo, segundo explicou o rexedor en funcións e candidato de Celanova Decide, Antonio Puga. Esta forza política pediu á Xunta Electoral Central o adiamento como medida cautelar ante o recurso contencioso electoral que formulou a pasada semana no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a través da Xunta Electoral de Zona.

O motivo foi un erro na transmisión telemática dos resultados da mesa de Acevedo do Río a noite dos comicios electorais do pasado 28 de maio. Intercambiáronse as cifras dos votos recibidas entre Celanova Decide e o Partido Socialista, polo que non se corresponde co escrutinio da acta asinada na mesa. O rexedor municipal en funcións explicou que a incidencia se coñeceu esa mesma noite e que ao día seguinte el e a secretaria do concello trasladárono á xunta electoral porque o reconto afecta a repartición de edís.

No escrutinio serían 5 concelleiros para o Partido Popular, outros 5 para Celanova Decide, 1 para o Bloque Nacionalista Galego e 2 para o PSdeG. Con todo, debido ao erro nesa mesa, os resultados atribúenlle 6 ao Partido Popular, o que permitiría gobernar en minoría se o BNG non decidise apoiar un pacto con Celanova Decide e o Partido Socialista, que xa se entenderon ao longo deste últimos catro anos.

O rexedor en funcións confía en que o tribunal emende o erro porque, sinala, "os resultados reais son os recolleitos nas actas dos escrutinios asinados polo presidente de mesa, os vogais e os interventores". Así, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia atópase en fase de prazo de alegacións polas outras partes que poidan estar personadas, ademais do Ministerio Fiscal.

Urna nun colexio Electoral
Urna nun colexio Electoral | Fonte: Víctor Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta