O PSdeG suxire a Rueda que adiante as eleccións galegas tras os cambios impostos por Feijóo na Xunta

O presidente galego ironiza que o que queren os socialistas é evitar as primarias no PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, interpelou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre se "sería mellor" para os galegos que adiantase as eleccións autonómicas despois dos cambios no seu goberno derivados da presenza de conselleiros nas listas electorais do PP para as eleccións xerais.

"Se non quere primarias no seu partido, hai formas máis sutís de dicilo", replicoulle o máximo mandatario autonómico na súa réplica durante a sesión de control da Cámara galega. Na sesión, o dirixente socialista reprochoulle a Rueda que o seu nivel de compromiso con Galicia sexa "pór o seu goberno a disposición" dos intereses do PP. "E os que eran pezas crave ata hai dous días, agora son facilmente sustituibles", dixo.

En fronte, Rueda recomendoulle a Luís Álvarez "tomar exemplo do señor Besteiro" e "saír como un lóstrego". "Por moi rápido que fose eu na remodelación do goberno, nunca serei tan rápido como Besteiro en dicir que aquí non hai nada que facer e que hai que saír canto antes", afirmou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no pleno do Parlamento posterior ás eleccións do 28M
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no pleno do Parlamento posterior ás eleccións do 28M | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta