Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 16:50
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que "faga o que faga" o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, en relación aos pactos con Vox "sempre vai manter a coherencia" dos seus principios.
Preguntado sobre os acordos de goberno que o Partido Popular negocia coa formación liderada por Santiago Abascal tras as eleccións municipais do 28 de maio, Rueda lembrou que a quen lle corresponde fixar a posición do partido sobre este asunto é ao propio presidente do PP.
Dito isto, o presidente da Xunta de Galicia lembrou que Feijóo "dixo durante moito tempo que en Galicia non entraba a ultradereita" e que "esa circunstancia foi así". "A partir de aquí, as necesidades de conformar gobernos estables, de poder levar a cabo moitas propostas do Partido Popular e con quen hai que facelo, xa lle corresponde a quen ten esa capacidade de decisión, que é o presidente do partido", sostivo.
Tras iso, mostrouse convencido de que Feijóo terá "intelixencia" para as distintas situacións e que, ademais, "faga o que faga", "manterá a coherencia" cos seus principios.
MARCHAS DO SEU GOBERNO
Sobre a marcha do que era vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, supón unha oportunidade para que o goberno de España "se pareza un pouco máis" ao de Galicia.
"Eu dixen moitas veces que sería bo que o goberno de España se parecese un pouco máis ao de Galicia e aquí está a ocasión fundamental para materializalo", sostivo en referencia á marcha dos ata agora integrantes do seu Executivo para concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións do 23 de xullo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.