Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2023 | Actualizada ás 13:39
A folga de funcionarios de Xustiza obrigou este venres a suspender o xuízo contra un home acusado de estafar 60.000 euros ao Sergas, unha vista sinalada na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, a cal non se ve afectada pola folga pero sí seis sedes nas que debían ter lugar as videoconferencias. Finalmente, suspendeuse a sesión e deberá volver fixarse.
Inicialmente, as partes tentaron chegar a un acordo de conformidade, pero ao non ser posible, procedeuse a tentar dar coemzo a vista. Pero finalmente tivo que ser suspendida por mor da imposibilidade de realizar as videoconferencias programadas.
Fiscalía solicita para o home catro anos de prisión, 12 meses de multa a razón dunha cota diaria de 10 euros e a devolución á Xunta da cantidade estafada. Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado, "actuando en todo momento con ánimo ilícito de enriquecemento", fíxose pasar por outra persoa que, á súa vez, finxía actuar en nome dunha empresa que realizou obras de subministración do cableado para centros do Sergas, un contrato por importe de case 60.000 euros.
O acusado, supostamente, remitiu correos electrónicos á conta xeral da Consellería de Sanidade, nos que solicitaba información sobre o pago das facturas. Ademais, para "dar aparencia de que era unha persoa autorizada pola empresa e conseguir información" achegou unha serie de datos como o número de expediente, número das facturas e importe, o que fixo que o funcionario receptor das comunicacións crese que a persoa coa que se comunicaba pertencía á empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.