Investigado o alcalde de Verín por un suposto delito de prevaricación

Existen dilixencias previas abertas ao alcalde por este delito.

Por Europa Press / Redacción | VERÍN | 05/08/2025 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O alcalde de Verín (Ourense), Gerardo Seoane Fidalgo (PSOE), está a ser investigado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do municipio que ten abertas dilixencias por un suposto delito de prevaricación administrativa. Segundo explican por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a Europa Press, existen unhas dilixencias previas abertas ao alcalde por este delito. O rexedor xa foi chamado a declarar e, polo momento, a instrución segue aberta.

Gerardo Seoane no río Támega
Gerardo Seoane no río Támega | Fonte: Prensa Concello de Verín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta