A nova alcaldesa de Santiago advirte: "Quero un turismo diferente"

Insiste en aplicar a taxa turística .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, solicitará unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para trasladarlle o informe que xa preparara o goberno anterior sobre a taxa turística.

A rexedora compostelá espera que o Executivo autonómico o vexa "con bos ollos" e o aprobe. "Esta vai ser unha petición por parte do novo goberno e que esperamos poder implantar nos próximos tempos unha vez que a Xunta dea unha resposta", reivindicou.

En rolda de prensa este luns, Sanmartín defendeu como "lóxico" que se utilice a taxa para "sufragar algúns dos custos" dos turistas na cidade. Así mesmo, lembrou que xa existe un informe económico realizado polo goberno anterior e agora revisarano para trasladarllo á Xunta de Galicia.

Aínda sobre este tema, a preguntas dos medios, a alcaldesa argumentou que é necesario que haxa turismo pero debe ser "sustentable" e as políticas teñen que estar pensadas "para a xente que vive e traballa" en Compostela.

Nesta liña, sostivo que hai que garantir "o descanso da xente que vive aquí" e camiñar cara a un turismo "diferente, que sexa de calidade". "Son cuestións que están diagnosticadas desde hai tempo, hai que implementalas e polas en marcha", afirmou.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenienta de alcaldesa, María Rozas, en rolda de prensa.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenienta de alcaldesa, María Rozas, en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta