Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 19:56
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) acusaron ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, de ser "unha bomba de reloxaría" para o colectivo LGTBI, "as familias diversas e a liberdade e dereitos das persoas".
Na presentación da campaña do Orgullo, o secretario xeral das mocidades socialistas galegas, Xurxo Doval, asegurou que Feijóo estaría disposto a derrogar "ata a liberdade sexual, só ou acompañado". "Galicia xa é un exemplo de silencio e complicidade co odio ante a pasividade dunha Xunta gris, a cal dedica unha minuciade o seu orzamento ao colectivo", censurou.
Ademais, Doval lamentou que os populares vivan "cómodos orgullosos do medo que xeran", pero, na súa opinión, "realmente están miedosos do noso orgullo". No marco da conmemoración desta data, as Xuventudes Socialistas presentaron a campaña 'Fronte ao odio, o noso orgullo', coa que buscan denunciar "a ameaza real que existe para as persoas LGTBI se o 23 de xullo goberna o odio".
Na imaxe da campaña obsérvase a Feijóo e a Santiago Abascal militarizados, co que pretenden trasladar "o anacronismo que representan ambas as formacións, cuxo concepto de progreso quedou estancado en 1939".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.