Taxa 'Amazon', un acerto ou un gran erro?

Esta medida puxose en marcha para axudar ao comercio de proximidade e promover o uso dos puntos de recollida ou 'lockers'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/06/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Co impacto medioambiental do comercio eléctronico e a competencia que afoga ao comercio local por parte das grandes empresas, crease a taxa 'Amazon', que pretende desconxestionar as rúas da presenza continua de repartidores e fomentar o comercio de proximidade. O meollo desta idea é aplicala aos operados que "obteñen beneficios econónimos" sen repercutir na Facenda municipal, "nunha clara ventaxa respeto aos comerciantes e veciños da cidade que si contribúen ao gasto público" cos impostos.

Repartidor de Correos.
Repartidor de Correos. | Fonte: EP

Sobre o papel, a tasa grava ás grandes empresas de distribución que facturen máis dun millón de euros anuales. As cinco compañías principales de paquetería (Nacex, DHL, Seur, GLS e Correos) representan o 51,7 % da distribución total a escala nacional, segundo o informe do observatorio sectorial DBK de xullo de 2022. En xullo do ano que ven, as empresas que cumpran estas cifras de facturación deberán aboar o 1,25 % da taxa.

Pero os expertos dubidan da eficacia da medida xa que "hai moito pequeno comercio que está abrindose á venta online e utiliza os servicios destas distribuidoras", explica Ana Isabel Jiménez-Zarco, mestra de Estudos de Economía e Empresa da UOC e investigadora do grupo i2TIC, que advirte da posible consecuencia: que o imposto acabe recaendo no consumidor final. "Se me están a cobrar unha tasa por distribuir, eu vou aplicar o incremento á empresa que me contrata, sexa grande ou un pequeno comercio. O máis lóxico é pensar que estas acaben tamén repercutindo no cliente", engade.

No referido á promoción de escoller os puntos de recollida ou 'lockers', o profesor de Economía e Empresa na UOC, Cristian Castillo puntualiza que "na maioría de ocasións , cando se compra en liña, estas opcións de entrega aparecen en último lugar e dáselle prioridade á entrega a domicilio". Poren a recomendación e que se lle de prioridade a estas opcións máis sostibles e responsables co medio ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta