A veda de centolla comeza este sábado nas costas da Coruña e Pontevedra

As embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas no momento en que comece a correspondente veda e levalas a porto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2023 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A veda de centolla comeza este sábado, 24 de xuño, nas costas das provincias da Coruña e Pontevedra. Así o será ata o 5 de novembro, día incluído, desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares. No caso da provincia de Lugo, entre Estaca de Bares e o río Eo, incluída a ría do Barqueiro, a veda non arrincará ata o luns 3 de xullo e manterase ata o 26 de novembro.

Así o establece a resolución pola que se aproba o plan de xestión da centola e do boi para a campaña 2023-2024, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres. Pola súa banda, a veda do boi comezará o 2 de setembro e prolongarase ata o 5 de novembro, de acordo con este plan de xestión.

Nestes períodos queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas no momento en que comece a correspondente veda e levalas a porto.

Centollas. XUNTA
Centollas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta